NÚMERO 337 - 05/12/2016
CUTUDC / Novidades
Os Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) avisan de que as novas medidas fiscais anunciadas polo ministro Cristóbal Montoro só supoñerán un “primeiro paso” cara a máis subidas fiscais durante a actual lexislatura. Aínda que apoian o aumento impositivo, entenden que é só unha primeira fase para reducir o déficit público, que inevitablemente “terá a súa continuación o próximo ano”, a non ser que se reforce realmente a loita contra a fraude e a evasión fiscal.
En concreto,
Gestha sinala que este primeiro paquete de medidas
fiscais representa apenas un 9,5% da recadación
diferencial de case 54.000 millóns que separa a
España coa media ponderada da Unión Europea. Sobre
este diferencial, os técnicos explican que España
recada polo IRPF 17.673 millóns menos; 5.000 millóns
menos polas rendas do capital, 4.346 millóns menos
polo Imposto sobre Sociedades, 512 millóns menos por
tabaco e alcol e 247 millóns menos polos diferentes
impostos ambientais.
Ademais, os Técnicos de Facenda lembran que no que
respecta ao Imposto de Sociedades non hai
aumento da carga impositiva, senón que simplemente
difírense aos próximos anos as posibilidades de
compensar bases impoñibles negativas e deducións
para evitar a dobre imposición, co cal os 4.300
millóns que agora se ingresan, deixaranse de
ingresar no futuro. Polo tanto, trátase de medidas
simplemente conxunturais para cumprir o obxectivo de
déficit.
Como xa sinalou o colectivo, desde o inicio da crise
a recadación por Sociedades afundiuse un 55%, desde
os 44.823 millóns recadados en 2007, o que supón
unha perda acumulada de ingresos nos últimos
exercicios de 173.000 millóns de euros.
Por outra banda, Gestha apoia a subida de 850
millóns nos impostos de tabaco e bebidas
alcohólicas, pois estas subidas adoitan reducir
o consumo e relaciónanse coa mellora da saúde
pública. Nese mesmo sentido, este aumento da
recadación verase diminuído no tempo, do mesmo xeito
que sucederá co novo imposto sobre bebidas
carbonatadas e azucradas.
No caso dos refrescos, España recolle así as
recomendacións da Organización Mundial da Saúde
(OMS), nas que urxía aos países a gravar estas
bebidas en beneficio da saúde dos cidadáns. Polo
tanto, os Técnicos ven nestas medidas unha forma de
fomentar hábitos saudables entre a poboación, máis
que unha maneira de reducir o déficit.
Axencias/Prensa
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript