Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 337 - 05/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA. ORZAMENTOS
 

Mesa Xeral de Empregados Públicos

O pasado día 1 de decembro a Xunta representou un novo paripé convocando a Mesa Xeral de Empregados Públicos cun único punto na orde do día. Estudo do anteproxecto relativo á masa salarial do capítulo 1 do proxecto de lei de orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2017, para tratar de tan importante asunto, non proporcionou información previa nin na propia reunión transmitiu nada por escrito. Diante desta circunstancia os sindicatos abandonaron a reunión en sinal de protesta.

 

  • Noticias relacionadas

 

Da reunión transcendeu, non obstante, que a Xunta non incrementará este ano o salario das súas traballadoras e traballadores ao considerar que a recuperación do complemento específico ou equivalente desde o 1 de xaneiro é suficiente. Sinalouse que esta recuperación supón un custo de arredor do 4%,  121 millóns de euros. Tamén se sinalou que nunca recuperaremos ese 4% roubado nestes últimos anos.
 
Outra cuestión importante é que a taxa de reposición será a que, desde o goberno central determine Rajoy.
 
Así que, como non consigamos cambiar os obxectivos do goberno continuista, esquécete da eliminación das taxas de reposición para poder negociar RPT's expansivas, asi como da recuperación do poder adquisitivo do teu salario. De continuar con baixo nivel nas mobilizacións tamén nos podemos esquecer de recuperar a xornada de 7 horas.
 
Feijóo sóbese o soldo un 7,5% para 2017
 
Proxecto de Lei de Orzamentos 2017 .- TÍTULO II Gastos de persoal

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript