NÚMERO 337 - 05/12/2016
CUTUDC / Novidades
O ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, anunciou que o seu departamento vai coordinar a implantación dun novo plan de transformación da Administración Pública para 2017-2019, que implicará un aforro de 900 millóns de euros o próximo ano.
Durante a
sesión de control ao Goberno no Pleno do Congreso,
Montoro indicou que esta iniciativa dará
continuidade ao plan CORA (Comisión para a Reforma
das Administracións Públicas) nos eixos de reforma
de gobernanza pública, novas tecnoloxías, emprego
público e racionalización das estruturas do sector
público.
Montoro subliñou que este novo plan demostra que os
proxectos de reforma da Administración non se
esgotan cos realizados na anterior lexislatura,
período no que o Goberno de Mariano Rajoy impulsou a
Administración dixital e electrónica no marco do
programa CORA.
"A dixitalización da Administración ten límites
aínda afastados e temos moita capacidade para
desenvolvela", apuntou o ministro en resposta a unha
pregunta do deputado do PP Juan José Matarí.
Montoro apuntou ademais que actualmente 16 das 17
comunidades autónomas están adheridas ao sistema
FACe de facturación electrónica, a través do cal se
remitiron no que vai de ano ao redor de 2,6 millóns
de facturas, cun aforro de 13 millóns de euros para
os cidadáns e as empresas.
"Temos cada vez máis unha Administración mellor
comunicada e eficiente ao servizo dos cidadáns",
concluíu o ministro de Facenda.
Como vedes, nas súas explicacións, Montoro
referiuse exclusivamente á implantación das novas
tecnoloxías na xestión administrativa. Non se
referiu de ningún xeito nin adiantou as medidas que
a nivel de gobernanza pública, emprego público e
racionalización das estruturas do sector público.
Para poñerse a tremer.
La Administración al día
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript