NÚMERO 337 - 05/12/2016
CUTUDC / Novidades
O Sindicato Labrego Galego quere solidarizarse con Emilio Cao, o estudante que, sendo menor de idade (17 anos), foi detido nas cargas policiais que se produciron na manifestación das Marchas da Dignidade en Madrid o 22 de marzo de 2014.
A acusación que
pesa contra el é a de agresión e atentado á
autoridade, feitos que Emilio nega rotundamente e
polos que a fiscalía pide unha condena de 5 anos e 8
meses de prisión.
Dende o SLG condenamos sen paliativos a
criminalización que o Goberno está a facer das
mobilizacións sociais en defensa dos dereitos de
toda a cidadanía. Tamén criticamos a desproporción
da condena solicitada pola fiscalía contra un menor
de idade que foi arrestado no medio dunha enorme
confusión, acusado duns delitos que non cometeu.
Por mor disto, o Sindicato Labrego Galego apoiará a
manifestación convocada polas Marchas da Dignidade
este sábado, 3 de decembro, no Carballiño, para
expresar o seu apoio a Emilio Cao e esixir a súa
inmediata absolución.
Sindicato Labrego Galego
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript