Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 337 - 05/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

A lotería
O ano pasado, na lotería da elección de reitor, tocounos o gordo (non o digo polo aspecto, que quede claro). Ben, tocar, tocar, non foi así, algúns votámolo. Se fose hoxe, antes de votar a Abalde, cortábame a man, e seguro que habería moito manco na Universidade, e máis en concreto no PAS. Se nese caso nos tocou ese “premio”, na lotería de verdade, nin un can. Este ano no que non xogo na lotería da Universidade, quedei sen billete, seguro que toca. Xa me gustaría que me tocase para liberarme do outro “premio” que nos tocou para catro anos, polo menos. En fin, sempre me quedará iso de que o importante é ter saúde.

Cacicadas
O sr. reitor vai camiño de converterse no señorito do cortijo, o cacique da universidade. Digo isto porque as últimas actuacións son verdadeiras cacicadas, agora transcende o que pasa coas comisións de servizo, isto xa o fixo antes, o acontecido coa Oferta de Emprego e promocións que me parece gravísimo. Antes foron as mentiras no cómputo das prazas a promocionar. As  cacicadas van a máis, hai que poñerlles freo!. Podedes contar comigo.

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript