NÚMERO 337 - 05/12/2016
CUTUDC / Novidades
“Incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes máis empregadas no mundo e incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos”.
Ese é o obxectivo
fundamental de
Youtubeir@s, un concurso de vídeos na internet
que impulsan os servizos de normalización
lingüística das tres universidades galegas e máis
dos concellos da Coruña, Ames, Baña, Carballo,
Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de
Compostela, Teo e O Grove.
Youtubeir@s está impulsado polas tres
universidades e once concellos e busca “incrementar
o uso do galego na Rede”
Este mesmo martes foi presentada a iniciativa nun
acto no Colexio de San Xerome de Compostela ao que
acudiron representantes de todas as entidades
implicadas no seu desenvolvemento. Yourubeir@s
comezará este vindeiro xoves 1 de decembro e o prazo
de presentación de vídeos prolongarase ata o 28 de
abril. Tal e como se explica no propio vídeo de
presentación, poderanse presentar persoas maiores de
14 anos que deberán formalizar a súa inscrición en
liña.
Ademais, os vídeos deberán ter unha duración
aproximada de cinco minutos, estar licenciados en
creative commons, producidos en galego e estar
dispoñibles na rede social YouTube. Alén disto, quen
optar ao concurso poderá concorrer en dúas
categorías: Vídeo-facermos, destinado a videotitoriais
que amosen como realizar calquera proceso (dende
unha receita ata como instalar un programa
informático), e Vídeo-opinarmos, para aquelas
propostas que acheguen unha opinión ou valoración
respecto de calquera tema.
Calquera persoa pode presentar un vídeo, ben
sexa na categoría ‘Vídeo-facermos’ (titoriais) ou
‘Vídeo-opinarmos’
Cada unha destas categorías premiarase cun premio
en metálico de 1.000 euros e catro mencións
honoríficas de 500 euros, segundo os criterios
de valoración do xurado, composto por profesionais
da comunicación audiovisual.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript