NÚMERO 337 - 05/12/2016
CUTUDC / Novidades
A precariedade fai que para seis millóns de traballadores o Salario Mínimo sexa un inalcanzable Salario Máximo . Cada vez que estes días goberno e oposición discuten sobre a subida do salario mínimo, óese un gran suspiro que cruza o país de norte a sur: case seis millóns de traballadoras e traballadores que soltan á vez un fondo “aaaay”, que significa “quen o pillase o salario mínimo ese .”
A eles súmanse
uns cuantos millóns de parados que non teñen
prestación ou só un subsidio escaso: quen pillase os
707 euros en que quedará o Salario Mínimo
Interprofesional (SMI) despois de que
goberno e PSOE pactasen subilo un 8%.
Outras veces, no canto de suspiro é un roer de
dentes: o dos mesmos seis millóns de
infra-asalariados cando
oen á ministra de Emprego dicir que en España
“ninguén cobra por baixo do salario mínimo porque
sería ilegal”. Seis millóns de "ningúns", aí están:
un 34% do total de asalariados non chega ao SMI.
Deles, máis de tres millóns e medio non cobran
nin medio SMI, menos de 300 euros ao mes. E iso
sen contar aos autónomos: para moitos
“emprendedores”, cando descontan a cota da
Seguridade Social queda un SMI pelado, ou nin iso.
O SMI é como o 120 km por hora en autovía. É ilegal
correr máis, pero eu vou cravado a 120 e todo o
mundo me adianta. Pois o mesmo o SMI: non se pode
cobrar menos, pero ao meu arredor coñezo cada vez
máis xente que non chega aos 600 euros ao mes,
incluso traballando máis horas que ninguén.
E sen que salte ningún radar como na autovía: os
empresarios teñen ao seu alcance mil e unha maneiras
de converter o Salario Mínimo en Salario Máximo. A
máis fácil é contratar a tempo parcial e logo non
pagarche todas as horas extra que acabarás botando.
Media xornada, medio soldo, e o resto by the face.
Pero non é a única maneira de pagar soldos de
miseria: boten unha ollada ás ofertas de calquera
portal de emprego e atoparán todo un catálogo de
prácticas empresariais para afundir salarios:
formación, prácticas, bolseiros, pago en especie,
traballar a cambio de aloxamento, e o marabilloso
mundo dos comerciais, co seu fixo máis comisións, ou
sen fixo, a pelo. A selva do mercado laboral
post-crise.
A ver, que me parece estupendo que suban o SMI, como
non me vou a alegrar. E se no canto de 707 euros o
sobe a 800 como
piden os sindicatos e como
aprobou o Congreso hai uns días, aínda mellor.
Pero o problema para millóns de traballadores non se
chama SMI, senón precariedade. De feito, a subida
beneficiará sobre todo a quen ten mellores
condicións laborais: quen aínda poden negociar
colectivamente as súas condicións, pois moitos
convenios sectoriais toman como base o SMI para
calcular soldos.
Aínda que subisen o SMI a mil euros (aqueles soldos
mileuristas de merda de antes da crise, lembran?),
seguiría habendo millóns de traballadores para os
que o Salario Mínimo será un inalcanzable Salario
Máximo. E cada vez son máis: desde 2007 o número de
traballadores que cobra por baixo do SMI aumentou a
pesar de que a poboación asalariada total reducíase
co paro. Óenos como suspiran hoxe? "Quen pillase
eses 707 euros..."
Zona Crítica
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript