Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 337 - 05/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión co xerente

O pasado día 1 de decembro realizouse unha nova reunión Xerencia – Xunta de Persoal. As comisións de servizo, tema ao que dedicamos un artigo específico, e as amortizacións foron os eixos fundamentais da reunión.

 

  • Noticias relacionadas

 

No referente ás comisións de servizo o xerente defendeu a legalidade de todas as que se outorgaron recentemente pois considera como “centro” a dependencia funcional. Tamén considera axustadas a dereito as prórrogas das comisións do persoal funcionarizado que fundamenta na excepcionalidade.
 
Denunciamos que, en ámbolos dous casos, a universidade incumpre a normativa tal e como sinalamos no artigo específico.
 
Xa referíndonos ás amortizacións sinalamos que o único xeito de considerar que as amortizacións non se van a levar a efecto é que no concurso de méritos se contemplen todas as prazas vacantes. O xerente quedou en responder proximamente a esta cuestión.
 
Outro asunto que se tratou foi o da modificación da Resolución de cobertura temporal de postos de traballo de 02/06/2016 no que a Xerencia propuxo á Xunta de Persoal eliminar os apartados , b), d), e) e f) do artigo 5,  fundamentándoo, na excesiva mobilidade que sustenta a normativa actual e que prexudica a actividade dos servizos.
 
A Xunta de Persoal fixo unha contraproposta na que, no apartado d), se establecería un período mínimo para poder optar á mellora de emprego que consideramos sería de 6 meses. Fundaméntase esta proposta en que na universidade realízanse múltiples contratos de 3+3 entendendo que ese período permite a coñecemento e realización normal das funcións do posto. Este tempo mínimo de permanencia no posto será requirido a non ser que a a praza que se oferte reúna as condicións sinaladas nos restantes puntos do artigo 5, tanto o a), como a b), a c), a e), ou a f), supostos no que se lle ofertaría aínda que non teña cumpridos eses seis meses. O xerente estudará a proposta.
 
Tamén se solicitou unha reunión exclusivamente dedicada á análise de aspectos sociais, o xerente está de acordo aínda que a pospuxo a xaneiro.
 
Solicitóuselle a revisión do establecido no DOG de 22 de novembro por se pode estenderse ao PAS funcionario da UDC. Estudarao.
 
Noutra orde de cousas a Xunta de Persoal xa transmitiu os membros dos tribunais das promocións, estamos agora á espera dos que nomee a universidade.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript