Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 337 - 05/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  SENTENZAS
 

Unha sentenza equipara a relación laboral de fixos e interinos

Despois de que Tribunal de Xustiza da Unión Europea cualificase como discriminatoria e, por tanto, non acorde ao dereito comunitario, a menor indemnización por despedimento que a lexislación española prevé para os traballadores temporais fronte aos fixos, sucédense as sentenzas neste sentido no estado español. A sentenza que vos significamos hoxe considérase como pioneira porque non só reitera ese criterio, establece, tamén, que unha traballadora interina, con máis de tres anos nesa situación, é persoal indefinido non fixo.

 

  • Noticias relacionadas

 

A traballadora, Auxiliar de Enfermaría. foi cesada despois de levar máis de trece anos cun contrato de interinidade despois da adxudicación definitiva do posto que ocupaba, derivado do proceso de consolidación de emprego.
 
A sentenza, contra a que cabe recurso de súplica, estima a existencia de fraude de lei ao superarse o prazo máximo de tres anos para a cobertura dunha vacante como establece o artigo 70 do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) resolvendo que o contrato se transforme en indefinido non fixo, ditaminando que o despedimento é improcedente dado que non se compren os requisitos do artigo 53 do Estatuto dos Traballadores, xa que a Administración conclúe a relación laboral cun simple cesamento.
 
Sentenza

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript