NÚMERO 341 - 23/01/2017
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Temos... o que votamos
Nunca
confiei neste reitor, no seu paso pola Vicerreitoría deixou
a súa indeleble marca, que llo pregunten ao PAS laboral e a
quen quedou contento coas UADIs e UXAIs. Este señor sabe
perfectamente o que quere e non dubida en usar calquera
método para conseguilo, é un trileiro. Ollo co que se asina
con el. O seu comportamento casa moi ben co sucedido coas
famosas amortizacións, non foi Villoslada quen ideou este
afer, o daquela xerente prestou a súa sinatura pero a
paternidade e a maternidade correspóndelle ao reitor. A min
quédame o estúpido consolo de non votalo, aínda que o PAS
foi un dos artífices da súa vitoria nunhas eleccións nas que
elixiamos entre que nos amputaran a perna esquerda ou a
dereita. Escoller entre dúas malas opcións é o que ten,
sempre faremos unha mala elección. Agora temos... o que
votamos, aínda que moita xente non o votara para isto.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript