Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 341 - 23/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  ACCIÓN SINDICAL - CUT GALIZA
 

28Out2017: cara ao noso 6º Congreso cargadas de ilusión e historia

A fin de semana pasada un Secretariado Nacional monográfico vén de promover a celebración do noso VI Congreso Nacional para o 28 de outubro de 2017 na cidade de Vigo. Como regresando a aquelas nosas orixes, xa agora lonxanas, nas que a CUT se edificaba, hai 18 anos, sobre un substrato esencial de traballadores do mar e mulleres da conserva aportamos novamente sobre unha das cidades galegas máis labradas polo mar.

 

  • Noticias relacionadas

 

No Congreso someterase a debate o noso modelo político-sindical, e tentaremos darlle solución aos retos que a nosa miúda e humilde achega á construción do movemento obreiro nacional e combativo deposita en nós: a posta a punto dunha ferramenta da clase obreira non para a resistencia, senón para a vitoria.
 
Entre outras actividades estase a preparar un encontro de delegacións internacionais, cando é máis necesario do que nunca unha onda expansiva da solidariedade obreira internacionalista. Seguiremos a informar dun proceso que afrontamos cargadas coa mochila da nosa historia e con ilusión transformadora.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript