NÚMERO 341 - 23/01/2017
CUTUDC / Novidades
Ourense acolleu esta mañá a presentación dunha iniciativa para normalizar o galego na rede, sobre todo entre os máis mozos. O Concurso Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Youtubeir@s busca
incrementar o uso do galego nos contidos
audiovisuais dunha das redes sociais máis populares.
No Youtube andan máis de 1.000 millóns de usuarios,
moitos deles atraídos por vídeos autoproducidos.
Normas para participar
Ao concurso poderán presentarse todas as persoas
maiores de 14 anos a través dunha inscrición en liña
ata o 28 de abril, segundo se recolle
nas bases dispoñibles na súa web.
Os vídeos deben ter unha duración máxima de 5
minutos, estar licenciados en creative commons,
producidos en galego e estar dispoñibles na rede
social YouTube. Os e as participantes poderán
concorrer a dúas categorías: Video-facermos, para
videotitoriais que amosen como facer cousas (desde
unha receita ata a como instalar un programa
informático); e Vídeo-opinarmos, para vídeos nos que
se achegue unha opinión ou valoración sobre calquera
tema (valoración dun filme, opinión sobre un tema de
actualidade...).
Premios
Cada unha destas categorías vai ser premiada cunha
contía de mil euros e tamén se asignarán catro
mencións honoríficas de cincocentos euros segundo os
criterios de valoración que terá en conta o xurado,
composto por profesionais da comunicación
audiovisual.
Formación
Youtubeir@s tamén ofrece formación específica de
videocreación. En Ourense haberá dous cursos, un
salón de graos do edificio de Facultades os días 7
de febreiro e outro no Centro de Coñecemento La
Molinera os días 10 de febreiro e 17 de febreiro.
En que consiste o curso?
Na primeira sesión formativa, dunha hora de
duración, abordaranse os consellos básicos para
sacarlle o maior partido á cámara dos nosos
dispositivos móbiles e aprenderase a escribir un
guión. Na segunda sesión formativa, de dúas horas de
duración, editarase o material e verase como subilo
a YouTube. Entre ambos os dous encontros formativos
haberá asistencia en liña.
A presentación estivo presidida por Belén Iglesias,
concelleira de Cultura do Concello de Ourense, e
José María Faílde, director de Planificación do
Campus de Ourense, acompañados dos técnicos de
normalización lingüística de ambas entidades, Mónica
Fernández Valencia e Paulo Cabral.
Galicia Confidencial 20/01/2017
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript