Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 341 - 23/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  REPRESIÓN
 

Audiencia Nacional levanta as medidas cautelares impostas aos 9 encausados na ‘Operación Jaro’

A Audiencia Nacional retira a medida cautelar imposta aos 9 independentistas detidos no marco da ‘Operación Jaro’ e pola que se lles prohibía abandonar o estado español. A decisión ten lugar apenas unhas semanas despois de que este órgano xudicial decidise devolver a condición legal a Causa Galiza, após máis dun ano de ‘ilegalización’ de facto da organización.

 

  • Noticias relacionadas

 

Porén, mantense sobre as persoas encausadas as acusacións de enaltecemento do terrorismo e integración en banda armada. De aí que se anunciasen accións e iniciativas nos vindeiros meses para demandar que se arquiven estas causas. Entre elas, a presentación dunha denuncia contra o Reino de España perante a comisión de detencións arbitrarias da ONU, o impulso dunha iniciativa popular integrada por persoas de diferentes sectores para exixir que se arquive o proceso; e a convocatoria en abril dunha manifestación nacional con esa mesma demanda. Perto de 80 axentes políticos e sociais denunciaron ao longo destes meses o proceso contra Causa Galiza.
 
Sermos Galiza
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript