Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 341 - 23/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

Orzamentos 2017

Nos últimos anos a precariedade incrementouse na administración de xeito exponencial, a perda de emprego, o incremento da temporalidade, a laminación de dereitos laborais, sociais, económicos e a perda da cantidade e calidade do servizo que ofrecemos á sociedade son algúns dos efectos máis salientables desa denominada “crise” que lle serviu de escusa ao estado neoliberal para, ademais do sinalado, deixar na miseria a gran parte da poboación sen o sustento dos servizos públicos afogados economicamente, privatizados cando non eliminados directamente.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo os cálculos publicados nos medios de comunicación en Galiza perdeuse, neste período, máis do 6% de emprego público (máis de 4.000 postos de traballo). As nulas ou exiguas taxas de reposición provocaron un incremento importantísimo da temporalidade. A eliminación das OEP expansivas obriga ao incremento dos contratos realizados para resolver necesidades urxentes (contratos 3+3) que como se evidencia polas constantes rotacións son utilizados para resolver necesidades estruturais...
 
Os Orzamentos da Xunta para 2017 non resolven ningunha das circunstancias sinaladas. Son uns orzamentos continuistas, polo tanto, na medida que non reverten a situación, acentuarán os problemas dunha administración pública que xa está na UCI.
 
Os Orzamentos son, tamén, a lei onde se tería que reflectir a recuperación dos dereitos laborais, económicos e sociais que se nos expropiaron neste período. O proxecto de Orzamentos de 2017 non contemplan ningunha das esixencias que, nesta materia, reivindicamos desde a Xunta de Persoal á Universidade.
 
Polo tanto pola defensa dos servizos públicos como pola defensa dos dereitos d@s traballador@s da Universidade e da Administración Pública de Galiza, rexeitamos o proxecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript