Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 341 - 23/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Renegociación permanente

O ano 2015, a negociación da Oferta de Emprego Público (DOG Venres, 6 de novembro de 2015) levounos a aprobar catro prazas todas elas da Escala Técnica. A Xunta de Persoal condicionou o seu apoio a que a OEP de 2016 contemplase, exclusivamente, postos base da Escala Xeral. Posteriormente, xa en campaña electoral acordamos a modificación puntual da RPT xunto cun calendario de promocións e a convocatoria dun concurso de méritos que contemplaría todas as prazas vacantes.

 

  • Noticias relacionadas

 

A urxencia coa que ámbalas partes entendiamos se debía levar a termo o concurso de traslados fixo que se acordara que, para este proceso, se tomara a determinación de utilizar as mesmas bases que as contempladas no convocado en 2014 (Convocatoria. Modificación da Resolución. Nova modificación). A Xunta de Persoal traballou durante o ano pasado na elaboración dos correspondentes baremos para a inclusión da Escala Técnica nas bases da convocatoria coa finalidade de que a convocatoria se realizase en tempo, 1 de outubro de 2016, e forma.
 
Nunca confiamos en que o reitor que tiña que levar a efecto os acordos, cumprise os compromisos asinados, puxémolo de manifesto nas asembleas realizadas.

O tempo deunos a razón, a Oferta de Emprego Público de 2016 incumpre o compromiso adquiridos en 2015. As prazas que se convocarán a quenda libre non son todas da Escala Xeral e, tampouco, postos base. Na comunicación á Consellería de Facenda establécese a amortización de 6 prazas que, segundo o reitor e xerente, non se levarán a efecto, pero que serven de escusa para non sacar todas as prazas vacantes no concurso que xa se tería que ter convocado en outubro de 2016.
 
Por se fose pouco, o reitor, no Consello de Goberno xa deixou caer que as promocións acordadas para Servizos Informáticos e posteriores, ao non se establecer o número de prazas a promocionar estaban suxeitas a se determinar o seu número. Lembramos que o compromiso era que promocionaban todas.
 
Neste momento cada un dos sindicatos e agrupación electoral, que forman parte da Xunta de Persoal, consulta na respectiva asesoría xurídica, a situación creada coa finalidade de avaliar as posibles respostas.
 
Non se pode soportar esta situación que nos obriga á renegociación permanente. Para nós o acordado é lei e ten que cumprirse.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript