Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 341 - 23/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  UVIGO – PAS LABORAL
 

O Consello de Goberno rexeita o Recurso de Reposición presentado polo Comité de Empresa

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo ben de comunicar ao Comité de Empresa de Pontevedra a desestimación do Recurso de Reposición que interpuxera contra a aprobación da RPT.

 

  • Noticias relacionadas

 

No recurso presentado salientábase, entre outras cousas, a falta de negociación, tamén sinalaba que con esta proposta cambian as condicións de traballo dunha gran parte do persoal modificando esta RPT os contratos asinados entre a Universidade e os traballadores con cambios de adscrición cambios de centro de traballo e cambio de nome de categorías profesionais.

Solicitábase  a SUSPENSIÓN DA EXECUCIÓN DO ACTO IMPUGNADO por concorrer a circunstancia de prexuízos de imposible ou difícil reparación xa que a execución da RPT asume ceses, reasignación de efectivos entre campus e nos campus, implicando altas e baixas con cambios de destino, de xornada e de dependencia funcional.

Acordo do Consello de Goberno desestimatorio do Recurso de Reposición do Comité de Empresa de Pontevedra contra a aprobación da RPT

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript