Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 341 - 23/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  SOS SANIDADE PÚBLICA
 

O sergas reinicia o debate sobre a xestión clínica

O Sergas non abandonou o proxecto de crear áreas de xestión clínica, só o aparcou ante a gran mobilización da sanidade pública. O que pretendía era que os profesionais estivesen incentivados para aforrar xa que o aforro dun determinado presuposto anual repartiríase entre eles mesmos. Os profesionais xa dixeron unha primeira vez que NON.

 

  • Noticias relacionadas

 

Hai tan só unhas semanas, o Tribunal Supremo rexeitou o recurso de casación presentado por Sanidade contra a sentenza que anulaba o artigo do decreto de áreas de xestión clínica que permitía a libre designación de directores de área. Daba así a razón de novo aos sindicatos médicos O'Mega e Cesm, tal e como xa llela dera o TSXG en ditame de 2015, cando determinara en contra do artigo 10, que autorizaba a libre designación destes xefes de área.
 
O Supremo vetou así de vez a posibilidade de nomear a dedo estes responsables, pero o polémico decreto de xestión clínica saíu indemne no resto de puntos malia os varios intentos xudiciais que contra el levaron a cabo diferentes sindicatos. Ata catro recursos foran rexeitados, segundo a Xunta. Aquelas 21 unidades que o Sergas tiña previstas para o primeiro trimestre de 2014 quedaron en suspenso tras o forte rexeitamento por parte dos profesionais sanitarios, pero estiveron sempre latentes tras o decreto aprobado hai case catro anos, semellante ao que se aplica en Castilla y León. 
 
A intención era crear áreas de equipos profesionais sanitarios que poderían xestionar os seus propios orzamentos, que recibirían un extra no caso de aforrar e que mesmo poderían decidir sobre a contratación de persoal. Os sindicatos e colexios médicos vían no proxecto un claro intento de "privatización da sanidade pública" que poñía en risco a súa categoría de personal estatutario. Mesmo houbo unha folga xeral no sector e nada de sobou máis da iniciativa da Xunta. 
 
Ler artigo completo en Praza Pública
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript