NÚMERO 343 - 06/02/2017
CUTUDC / Novidades
O DOG do día 02 de febreiro de 2017 publica a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017 pola que se publica o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017 do persoal das administracións territoriais, institucionais e entes instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e da administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
Na Resolución sinálase que
“Cumprindo co establecido neste mandato legal, o
plan de formación da Escola Galega de Administración
Pública –en diante EGAP– para o ano 2017 recolle as
actividades formativas dirixidas a estes colectivos.
Desta forma comprende o persoal ao servizo da
Administración xeral da Comunidade Autónoma, ao
persoal ao servizo da Administración de xustiza de
Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais
de Galicia, ao persoal dos entes instrumentais do
sector público autonómico e das institucións
públicas autonómicas e ao persoal de administración
e servizos (PAS) das tres universidades galegas
(UDC, USC e Uvigo).”
Noutro apartado establécese que “En todo caso, a
execución das accións especificadas no anexo a esta
resolución levarase a cabo de conformidade co
crédito orzamentario dispoñible e co estipulado en
cada convocatoria. Quedan excluídas as actividades
derivadas de cursos selectivos; os cursos
superiores; as actuacións en colaboración; as
xornadas, conferencias e seminarios; as actividades
doutras administracións públicas (excepto as
sinaladas) e as actividades de formación do persoal
docente da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria e do persoal sanitario. A
estes destinatarios dirixiranse convocatorias
específicas de conformidade coa aprobación dos seus
plans ou cos convenios que se asinen durante o ano
2017.”
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript