NÚMERO 343 - 06/02/2017
CUTUDC / Novidades
Un ano máis a Xunta de Galicia convocou, o pasado 29 de novembro, aos Sindicatos con representación sindical na Administración autonómica para o reparto das subvencións derivadas do Acordo do 5 de novembro de 2014, entre a Administración da Xunta de Galicia e CIG, CC.OO, UGT e CSIF por importe de 150.000€. A CUT Alternativas na Xustiza renunciamos ás subvencións e solicitamos se doen ao "banco de alimentos".
Na reunión estiveron presentes,
segundo consta no propio acta, SPJ-USO, UGT, CIG,
CSI-F, CCOO e outros sindicatos corporativos doutras
administracións. Alternativas na
Xustiza-CUT(AXG-CUT) non participou no reparto do
“botín”.
Nos estatutos de AXG-CUT prohíbese taxativamente
recibir ningunha subvención dá patronal (Xunta de
Galicia). Non é coherente e moito menos asumible
recibir diñeiro dos mesmos cos que negociamos e
contra os que moitas veces mobilizámonos.
Para Alternativas na Xustiza-CUT a única forma de
financiamento “COHERENTE” coa defensa dos dereitos
dos traballadores e do propio Sindicalismo da clase
traballadora é a “afiliación dos traballadores”.
¿Cómo pode mobilizarse contra a Dirección Xeral de
Xustiza, salvo paripés, un Sindicato que recibe
diñeiro, a través de subvencións, da propia Xunta de
Galicia?.
¿Con qué forza moral pode nunha Mesa de Negociación
reclamar ou esixir, un Sindicato que esta
co-financiado pola propia Administración?.
Dende Alternativas na Xustiza-CUT aproveitamos para
facer un chamamento a tod@s @s traballad@s para que
participen de maneira activa e apoien e respalden
aos sindicatos que non están subvencionados e polo
tanto libres de ataduras coa Administración.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript