Febreiro de 2017
 
 

NÚMERO 343 - 06/02/2017

   CUTUDC / Novidades

  ALEMAÑA. O QUE NON SE CONTA
 

Minijobs: traballo lixo e superexplotación laboral en Alemaña

Case a metade dos traballadores alemáns cun “minijob” cobraron o pasado ano por debaixo do salario mínimo estipulado por lei no país, segundo revelou un estudo do Instituto Económico e Social (WSI).

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo os datos publicados, case un 50 por cento destes empregados que reciben baixos ingresos recibiron unha retribución salarial inferior ao mínimo de 8,5 euros por hora (9 dólares) brutos que establece a lexislación. Ademais, un de cada cinco chegou a cobrar menos de 5,5 euros por hora, indicou o informe.
 
“O salario mínimo, o pago do soldo en caso de baixa laboral e a paga de vacacións tamén se deben abonar aos chamados ‘minijobbers”, indicou un portavoz da Central de Minijobs, quen apelou ás empresas a que cumpran coa lexislación actual.
 
O estudo do WSI sinala ademais que houbo “numerosas violacións por parte dos empregadores” aínda que resalta que a situación salarial dos traballadores cun “minijob” mellorou “parcialmente”.
 
Así, un ano antes, en 2014, a porcentaxe de persoas que contaba con este tipo de traballo e cobraba menos do salario mínimo ascendía a un 60 por cento.
 
Os “minijobs” introducíronse no mercado laboral alemán no ano 2003. As persoas que teñen un “minijob” cobran un máximo de 450 euros ao mes e están exentos do pago de cotizacións sociais.
 
Esta fórmula é un tanto polémica no país, dado que, aínda que por unha banda favorece a entrada no mercado laboral de persoas como estudantes ou xubilados que queren aumentar os seus ingresos, tamén favorece a precarización, dado que os “minijobbers” non contribúen á seguridade social e non teñen acceso a determinadas prestacións, tales como a xubilación.
 
Así mesmo, son un flanco habitual de críticas desde os sindicatos, que entenden que moitos empresarios aproveitan este tipo de contratos para baixar os custos salariais e esixir ao empregado que traballe durante moitas horas a cambio de tan só 450 euros.
 
O salario mínimo de 8,5 euros por hora foi instaurado en Alemaña en 2014, como unha das principais esixencias do partido socialdemócrata (SPD) para asinar o pacto de Goberno coa Unión Cristianodemócrata (CDU) de Angela Merkel. Desde xaneiro deste ano o Executivo aprobou a súa subida ata os 8,84 euros por hora.

DPA
 
Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript