Febreiro de 2017
 
 

NÚMERO 343 - 06/02/2017

   CUTUDC / Novidades

  CORRUPCIÓN
 

Rajoy, no punto de mira por trama de corrupción

A Fiscalía Anticorrupción solicitou á Audiencia Nacional a reapertura da instrución do caso que investiga o suposto financiamento ilegal no Partido Popular, cuxo líder, Mariano Rajoy, actualmente exerce como presidente do Goberno español.

 

  • Noticias relacionadas

 

A petición de Anticorrupción prodúcese despois das declaracións en sede xudicial de Francisco Correa, un empresario investigado pola súa participación na trama Gürtel, un caso de corrupción a gran escala en torno ao Partido Popular.
 
O pasado mes de outubro, Correa asegurou repartir comisións en diñeiro negro entre altos cargos do Partido Popular cada vez que unha empresa súa (ou de alguén para quen mediaba) conseguía os dereitos para executar unha obra pública.
 
Na súa declaración, o empresario asegurou que “grandes construtoras como OHL, ACS e Dragados” recorrían a el para que fixese as veces de mediador co ex tesoureiro do Partido Popular, Luís Bárcenas, e que este lles conseguise as adxudicacións.
 
No xuízo pola trama Gürtel, que significa correa en alemán, investíganse supostas actividades corruptas ao redor de varios políticos do Partido Popular e algúns empresarios entre 1999 e 2005.
 
O Partido Popular está sentado no banco dos acusados como responsable civil por beneficiarse supostamente de 328.440 euros de diñeiro ilícito da trama.
 
En cambio, o caso sobre o suposto financiamento ilegal, a pesar de estar estreitamente relacionado coa trama, investígase nunha causa aparte.
 
Neste caso investígase a existencia dunha contabilidade opaca entre 1990 e 2008, o que se coñece como “a caixa b” do Partido Popular.
 
A instrución do caso deuse por finalizada en marzo de 2015 tras dous anos de investigación.
 
No seu auto final, o xuíz instrutor consideraba acreditada a existencia “de diversas fontes de financiamento alleas ao circuíto económico legal” e “á marxe da contabilidade remitida ao Tribunal de Contas sen a correspondente declaración ante a Facenda Pública”.
 
Agora, á luz das novas revelacións de Correa, anticorrupción solicita volver abrir a fase de instrución para abrir novas liñas de investigación.
 
Sputnik – LibreRed

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript