Febreiro de 2017
 
 

NÚMERO 343 - 06/02/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión co xerente

O pasado venres, día 3 de febreiro, convocada pola Xerencia, realizouse unha reunión Xunta de Persoal-Xerencia. A convocatoria tiña como único punto na Orde do día “falar da Resolución da Xerencia do 02/06/2016 pola que se regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo do PAS da Universidade da Coruña”.

 

  • Noticias relacionadas

 

A criterio da Xerencia, despois das reiteradas queixas recibidas desde os servizos nos que, segundo manifestou, se constata unha mobilidade excesiva do persoal interino que impide o desenvolvemento do traballo dun xeito eficaz, lévalle a propoñer que no Artigo 5. Supostos de mellora de emprego, da Resolución  desaparezan todos os apartados excepto o apartado a).
 
A Xunta de Persoal, sinalou, pola súa banda que se os prexuízos para a xestión derivan da excesiva mobilidade do persoal interino o que corresponde non é eliminar os apartados do Artigo 5, o que haberá que facer é limitar esa “excesiva” mobilidade.
 
A Xunta de Persoal propón que o tempo mínimo de permanencia no posto para poder optar á mobilidade sexa de 6 meses, conservándose todos os apartados establecidos no Artigo 5, e que serían de aplicación aínda que non se cumprisen ese tempo mínimo de permanencia no posto.
 
O xerente quedou de estudar o sinalado pola representación d@s traballador@s, redactando unha proposta alternativa á resolución actual que trasladará á Xunta de Persoal a vindeira (esta) semana.
 
Entre outras cousas, despois de concluír a Orde do Día, preguntóuselle se tiña resposta aos escritos enviados pola Xunta de Persoal nestes últimos días. Sobre o concurso de traslados sinalou que a vindeira semana (esta) convocaría a Xunta de Persoal para realizar outra proposta.
 
Solicitóuselle ao xerente que, para unha mellor programación da preparación das probas, se puxese en contacto cos presidentes dos tribunais para que proporcionen un calendario orientativo dos respectivos procesos de promoción. Respondeu que aínda non se constituíran todas os tribunais, que xa tiña pensado reunirse cos presidentes pois quería abordar con eles aspectos da lexislación que afectan aos procedementos e aproveitaría para realizar a xestión que se lle solicitaba.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript