NÚMERO 343 - 06/02/2017
CUTUDC / Novidades
Como vos dixemos no anterior PASquín, a Xunta de Persoal reuniuse o pasado día 30 de xaneiro para avaliar a situación na que, desde óptica dos servizos xurídicos de cada sindicato e agrupación electoral, nos sitúa a actuación de xerente e reitor ao respecto do concurso de traslados.
A concordancia entre as respectivas
asesorías xurídicas foi practicamente absoluta.
Sinaladamente coinciden na ilegalidade e a mala fe
negocial na Oferta de Emprego Público (OEP),
procedemento no que se conculcaron dereitos
recoñecidos tanto na lexislación básica estatal
EBEP, como la Lei do emprego público de Galicia,
ocultando, ademais, o contido real da OEP ao
Consello de Goberno, órgano que a aprobou.
Polo antes sinalado a utilización das
amortizacións recollidas na autorización da
Consellería de Facenda para executar a OEP, como
base argumental para que o concurso de traslado non
contemple todas as vacantes carece de base legal e,
segundo as propias asesorías xurídicas, debe ser
rexeitado.
Consciente desta circunstancia o reitor e xerente
cambian a proposta para conseguir o mesmo. Se do que
se trata é de “protexer” o estatus de determinadas
prazas, fagamos concurso específico para que ninguén
o supere e que a situación continúe como até agora.
A Xunta de Persoal,
respondeu á proposta do xeito que se vos comunicou.
Seguiremos informando.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript