NÚMERO 346 - 27/02/2017
CUTUDC / Novidades
A equipa xurídica do Sindicato Labrego Galego vén de redactar e rexistrar unha queixa formal diante da Valedora do Pobo pola falla de resposta da Consellaría de Industria diante da petición expresa de declarar as caducidades das concesións mineiras Pastoriza 5562, Alicia 5917 e Karles 5919.
O SLG ten rexistrado oficialmente esta petición á Consellaría de Industria seis veces dende 2013 sen obter contestación. A pesares de que, o 15 de decembro de 2016, o SLG lle solicitou formalmente á Dirección Xeral de Minas unha xuntanza para falar desta cuestión, a día de hoxe seguimos tamén sen resposta a esta demanda. Esgotada a vía administrativa, dende o Sindicato Labrego Galego decidimos recorrer á Valedora do Pobo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript