Febreiro de 2017
 
 

NÚMERO 346 - 27/02/2017

   CUTUDC / Novidades

  STOP REPRESIÓN
 

3 anos de cárcere para o rapeiro Valtonyc por criticar á monarquía española

O rapeiro mallorquino é condenado a prisión por dicir que “os Borbóns son uns mafiosos”. Miguel Areas Beltrán, Valtonyc, foi condenado pola Audiencia Nacional de España a tres anos e seis meses de prisión pola súa composición “Circo Balear”, na que se lle acusa de inxuriar ao rei Juan Carlos e enxalzar a grupos armados como ETA e aos Grapo.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

 

O rapeiro de 23 anos, nacido na localidade mallorquina de Sa Pobla, declarou hai uns días aos xornalistas que seguirá “dicindo que os Borbóns son uns mafiosos”.
 
Nos coros Valtonyc canta “queremos a morte para estes dous”, referíndose a Jorge Campos, presidente da asociación españolista Círculo Balear e ao rei emérito, Juan Carlos I.
 
“Todo o que digo do rei saqueino de medios de comunicación: que matou o seu irmán, que tiña amantes, que matou a un elefante… entón, inxurias de que?, se iso está todo publicado”, alega o rapeiro.
 
A sentenza considera que Valtonyc, sen antecedentes penais, compuxo varias cancións que foron difundidas a través de Internet e cantadas en recitais públicos, nas que aparecen expresións de apoio e encomio ás organizacións armadas ETA, o GRAPO e a algúns dos seus membros.

Durante o xuízo, o rapeiro asegurou que só é un artista que coas súas cancións, practicamente todas en catalán, quería provocar.
 
En agosto de 2012, o presidente do Círculo Balear, Jorge Campos, dixo que a canción Circo Balear, contén ameazas contra a súa persoa e outros integrantes desta entidade de Mallorca.
 
A canción ten as seguintes frases: “Jorge Campos merece unha bomba” e “arrincareille a arteria e todo o que faga falta”.
 
O rapeiro di que as letras foron “adulteradas e manipuladas para darlle un sentido na súa contra” e que a denuncia de Campos responde á “campaña xenofóbica contra o que eles chaman catalanismo”.
 
Valtonyc, técnico informático que traballa nunha froitaría, asegura que esta canción encargoulla Pablo Iglesias para o seu programa de televisión La Tuerka con motivo da semana da república.
 
O líder de Podemos dixo na súa conta persoal de Twitter que hai “Impunidade para os corruptos e cárcere por facer unha canción”, e que a pena imposta ao rapeiro polos delitos de enaltecemento do terrorismo, inxurias á Coroa “non debería ser delito”.
 
EP | Telesur

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript