Febreiro de 2017
 
 

NÚMERO 346 - 27/02/2017

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
 

O traballo precario instálase na Xunta de Galiza

A Xunta de Galiza recorre ás bolsas de formación para cubrir necesidades estruturais así, no DOG do 17 de febreiro, publícase a ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN225A). 4 bolsas.

 

  • Noticias relacionadas

 

A cousa non queda aí, o No DOG do 21 de febreiro, publícase a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo. Neste caso para a EGAP.
 
Aínda hai máis, o DOG do 23 de febreiro  convócanse 2 bolsas, para Escola Galega de Consumo e para o Consello Galego de Consumidores e Usuarios
 
Estas bolsas só serven para enmascarar a falta de traballador@s substituíndo traballo digno, por traballo precario, sen dereitos e moi mal remunerado. Tal e como denunciamos no seu día na nosa universidade coas denominadas bolsas en réxime de “colaboración social” , este tipo de recurso debía estar prohibido na administración pública.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript