Febreiro de 2017
 
 

NÚMERO 346 - 27/02/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión do Consello de Goberno do día 23 de febreiro

O pasado día 23 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Non puidemos informar da convocatoria no anterior PASquín porque, á hora de pechar a súa edición, non recibiramos ningunha información dos temas a tratar nin do se desenvolvemento. Agora, a touro pasado, facémosvos un resumo da sesión nos temas que máis poden ser de interese para o colectivo.

 

 

Informe do reitor:
 

  • ·         O día 30 de xaneiro comezaron as obras da residencia universitaria no Instituto Calvo Sotelo. A residencia será independente do resto do edificio e terá 118 prazas en 60 habitacións en dous pisos (29 dobres e 1 adaptada para discapacide en cada un deles). O prazo de execución das obras de adaptación será de 9 meses.

  • ·         Remitiuse ao comunicado da CRUE para referirse aos contratos predoutorais, persoal ao que, dun contrato de obra pasóuselles directamente a contratad@s en prácticas.

  • ·         Comunicou que os 3 recursos interpostos contra os acordos adoptados no Consello de Goberno e propostos pola CEPREA sobre a redución de cargos académicos e a fusión de departamentos foron desestimados, dous deles con imposición de costas ás persoas que recorreron.

 
Vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria
 

  • ·         Sinalou que co apoio de Deputación e Concello destinaranse arredor de 500.000€ á renovación e mellora dos accesos e as pistas do Estadio de Elviña.

 
Vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade
 

  • ·         Multiplícanse as pequenas obras, moitas delas provocadas pola detección de Radon, agora segundo sinalou hai 13 en marcha.

 
Xerente
 

 
Quenda aberta de intervencións
 
Representación do PAS
 

  • ·         Nos acordos asinados co reitor o 20 de novembro de 2015 recollíase que no último trimestre de 2016 se ía convocar o concurso de traslados.
     
    O 31 de xaneiro a Xunta de Persoal requiríalle ao xerente, por escrito, a convocatoria de dito concurso.
     
    En reunións posteriores do xerente coa Xunta de Persoal instóuselle novamente a convocatoria.
     
    Requirimos, novamente, a convocatoria de concurso de méritos.
     

  • ·         Neses acordos recóllese, tamén, que no primeiro trimestre de 2017 realizarase a oferta e convocatoria da promoción interna das prazas do SIC e do persoal funcionarizado en 2015.
     
    Instamos á Xerencia a que actúe de xeito que se cumpran os prazos acordados.
     

  • ·         O día 9 de marzo convocouse folga en todo o ensino público, incluídas as universidades. Entre os obxectivos da folga están:

    • Derrogación da LOMCE
    • Reversión dos recortes
    • Eliminación das contrarreformas universitarias
    • Recuperación dos cadros de persoal
    • Incremento de bolsas de estudo e das súas contías...
       
  • Dáse a circunstancia de que os obxectivos da folga coinciden con manifestos realizados polo Claustro ,.manifestacións do propio reitor. Tendo en conta esta circunstancia requirimos:
     

    • Que os servizos mínimos que se negocien sexan realmente mínimos
    • Que a institución actúe de xeito que se facilite a participación do PAS na folga

 
Resposta do xerente
 

  • Co ánimo de desbloquear a negociación hoxe mesmo se remitiu unha convocatoria de reunión á Xunta de Persoal para analizar unha nova proposta tanto relativa ao concurso como as medidas de acción social..
  • Proximamente iniciaranse os procedementos acordados para as promocións previstas.
  • A negociación dos servizos mínimos realizarase cando se teña coñecemento da convocatoria oficial e cumprindo a normativa oficial, negociándose co comité de folga e coa representación dos traballadores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript