NÚMERO 346 - 27/02/2017
CUTUDC / Novidades
Despois dos Plenos Extraordinarios, do 13 e 22 de febreiro, para abordar o asunto do Saneamento e a Taxa; e das reunións co Alcalde, unha antes de cada pleno, mais sen suceso ningún, coa postura do goberno municipal tomada e sen querer escoitar, vemo-nos na obriga de comezar a expresar as nosas opinións e reivindicacións, xa non só en roldas de prensa, comunicados e intervencións nos plenos, senón coa Mobilización Social.
Hai un problema de fondo que non
damos superado, hai certo tapar orellas ás propostas
razoadas e ben argumentadas do movemento social que
representamos, ao que antes mesmo pertencía e
participaba activamente, o actual alcalde Jorge
Suárez. Fai-nos pensar que este Alcalde que se
esquece que está na alcaldía polos votos propios, e
polos dos outros dous partidos que o apoiaron na súa
investidura para presidente do Concello de Ferrol,
estes son imprescindíbeis. O lóxico, é que consulte
a eses partidos en asuntos de tanta importancia como
o é o saneamento e depuración.Tamén que consulte ou
teña en conta ao movemento social, que axudamos a
que o Partido Popular perdera a maioría absoluta,
destapando coa loita popular a estafa da Taxa e da
depuradora que non depuraba, en definitiva o engano
á veciñanza, o engano ao Poder Popular. Sen entrar a
un enfrontamento total, si comezamos a poñer as
cousas no seu sitio, deixando espazo suficiente,
para que lle dea tempo a rectificar e poñer-se do
lado dos intereses do pobo, dos intereses da cidade,
de quen ven defendendo un Saneamento Integral da
Ría, da Xente do Mar, do medio ambiente, ... É por
iso polo que convocamos unha CONCENTRACIÓN en
Ferrol, o vindeiro mércores 1 de marzo, ás 12
do mediodía, na Praza da Ilustración (O Ensanche) -
Diante da sede de Emafesa, onde vai ter lugar un
Consello de Administración, no que o punto 6º da
orde do día dí: "Solicitude, no seu caso, de
concurso -preconcurso- do artigo 5 bis da Lei
Concursal- voluntario de Emafesa".
SANEAMENTO E DEPURACIÓN XA!
QUE NON NOS MINTAN,
QUE NON NOS ENGANEN,
É FALSO QUE SE NON SE APROBA A SÚA TAXA,
QUE NON SE PODA DEPURAR.
SEGUIR VERTENDO Á RÍA SI QUE É ILEGAL!
EMAFESA 100% PÚBLICA !
SOCAMEX/URBASER,
A PARTE PRIVADA QUE XESTIONA A EMPRESA
FÓRA DE EMAFESA
EMAFESA MINTE E ESTAFA !
COBROU UNHA TAXA DE DEPURACIÓN,
MAIS NON PRESTABA O SERVIZO.
DEVOLUCIÓN DA TAXA,
COBRADA INDEBIDAMENTE XA!
ESTA TAXA NON !
SE TEN QUE HABER UNHA TAXA,
QUE SEXA EXPLICADA, PARTICIPADA E XUSTIFICADA !
Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1815275795356793/
Material para activar e difundir:
Folla Informativa en formato pdf dúas caras en DinA4
|
Acceder/Baixar.
Cartaz en formato pdf DinA3 |
Acceder/Baixar.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA
REMUNICIPALIZACIÓN
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript