NÚMERO 346 - 27/02/2017
CUTUDC / Novidades
Resulta asombroso o incremento da exclusión total do galego no conxunto das cidades, onde só Vigo e Pontevedra amortiguan o impacto global da ausencia do noso idioma. O estudo realizouse en 941 centros públicos e privados ampliándose ao conxunto de Galiza. O propio profesorado dos centros sinala as dificuldades para favorecer a adquisión de competencias orais mínimas que permitan ao alumnado expresarse en galego con fluidez.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017-. A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe o seu estudo anual sobre a situación do galego nas aulas de educación infantil que, nesta edición, pasa de recoller os datos das 7 cidades ao conxunto de Galiza.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript