NÚMERO 346 - 27/02/2017
CUTUDC / Novidades
Na sesión do día 23 do Consello de Goberno, requirímoslle, unha vez máis ao xerente a convocatoria do concurso de méritos que, segundo sinalamos no resumo do Consello de Goberno, tiña que estar en marcha desde o último trimestre de 2016 (este acordo está asinado).
A resposta foi
a convocatoria dunha reunión da Xunta de Persoal
cunha modificación da RPT na que se contempla o
concurso específico para todas as prazas con nivel
de complemento específico igual ou superior ao 25.
Adiando, por tempo indefinido, a convocatoria do
concurso de méritos, dando un paso máis na folla de
ruta
rexeitada pola Xunta de Persoal, que reclama que
se cumpran os compromisos asinados coa Reitoría o 20
de novembro de 2015.
Con esta proposta reitor e xerente demostran, unha
vez máis, o desprezo polos acordos asinados ao
querer impoñer unha reforma da RPT na que incluso
obvian o establecido nun dos seus
parágrafos:
“No primeiro semestre de 2016 realizarase unha
modificación parcial da RPT que contemple a
asignación dos postos de traballo que proceda ao
Grupo B previsto no artigo 76 do Estatuto Básico do
Emprego Público e no artigo 42 e
Disposición adicional quinta da Lei 272015, do 29 de
abril, do emprego público de Galicia”
A forza da renegociación baleirase de contido o
pactado no seu día. O día 2, xoves reúnese a Xunta
de Persoal, compre dar unha resposta colectiva a
toda esta maraña de intereses aos que responde a
actuación do equipo de goberno.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript