NÚMERO 347 - 06/03/2017
CUTUDC / Novidades
As dúas plataformas que convocan folga, o vindeiro día 9 de marzo, en todas as etapas do ensino, incluído o universitario, tiveron cadansúa reunión coa representación da Xunta para "negociar" os servizos mínimos que rexerán durante a dita convocatoria de folga. Nin que dicir ten que a Xunta de Galiza, moi lonxe de buscar un pacto, determinou uns servizos mínimos abusivos que nalgún centro da nosa universidade obrigará ao 100% das compañeir@s nel destinad@s a traballar ese día.
Segundo se nos
informou, os servizos mínimos impostos, no ámbito
das universidades, son os seguintes:
UNIVERSIDADES GALEGAS:
-
1
empregado/a da área de conserxería por quenda de
traballo en cada facultade, escola e centro de
investigación e demais centros administrativos.
-
1
funcionario/a no rexistro oficial de cada campus.
-
1
empregado/a do persoal de secretaría do reitor e dos
vicerreitores/as dos campus onde non estea a sede
reitoral».
Deixamos para outro momento o debate sobre a
concesión, unha máis, realizada polos sindicatos do
sistema para que a servizos non esenciais se nos
impoñan servizos mínimos co ánimo de deixar sen
contido as folgas, esparexendo a imaxe de que non
pasa nada e que todo é normal.
Como era de agardar, a Xunta intenta que as
universidades dean ese aspecto de normalidade, cos
centros abertos. A pesar desta circunstancia, e
aínda con máis motivo, as traballadoras e
traballadores, que non esteamos nomeados como
servizos mínimos, debemos participar activamente na
folga convocada, non indo ao traballo e asistindo ás
manifestacións convocadas.
·
Para rematar
dunha vez coa LOMCE e as contrarreformas
universitarias
·
Para
reverter os recortes
·
Para
recuperar o que nos roubaron
·
Para rematar
coas limitacións nas ofertas de emprego público
recuperando os cadros de persoal...
A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript