Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 347 - 06/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  EGAP
 

Convocatoria de actividades de formación continua en materia de idiomas

O DOG do 1 de marzo de 2017 publíca a RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nesta convocatoria recóllense actividades formativas destinadas, tamén, ao PAS das universidades públicas.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
 
Como noutras ocasións as solicitudes só poderán ser realizadas a través do fomulario de matrícula telemática que está dispoñible en http://egap.xunta.gal/matricula. O número máximo de actividades formativas que se pode solicitar é de tres.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript