Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 347 - 06/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Concurso de méritos

Atopámonos, diante dun claro intento do equipo de goberno de modificar o pactado sen ningún argumento, simplemente para protexer certos postos de traballo, non vaia ser que alguén que non sexa a persoa para a que se quere destinar o posto poida ocupalo.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

 

O reitor e xerente que, cando lles interesa, reclaman a literalidade do acordado esquecen, interesadamente tamén, que, segundo se establece nos acordos asinados o 20 de novembro de 2015, o concurso, polo que aínda estamos agardando, tería que ser convocado no último trimestre do ano 2016 (o compromiso verbal era que se convocaría o día 1 de outubro dese ano).
 
Que pretendiamos con esa programación?. O noso interese era que o concurso se substanciase antes que as promocións, de aí que, por razóns de urxencia, tamén acordaramos verbalmente que as bases serían as mesmas que as do último concurso realizado no ano 2014. Lembrámosvos que, coas bases acordadas, racharon as conversas porque non se ofertaban todas as vacantes.
 
Desmontada a maraña de mentiras e de actuacións ilegais (amortizacións) coas que se pretendía xustificar a circunstancia de que non apareceran todas as vacantes, o equipo de goberno cambia de estratexia intentando, a través dunha modificación da RPT, consolidar a certas persoas nos postos que interesan.
 
Contra esta nova artimaña, a Xunta de Persoal, en sesión realizada o día 2 de marzo, tomou os acordos que difundimos a través da súa páxina web.
 
Tomouse a decisión de que un representante de cada sindicato e agrupación electoral, asistira á reunión convocada polo xerente o día 3 porque a ausencia da reunión non evita que a Xerencia adopte os acordos para os que se convocou a dita reunión, para expresarlle, de xeito directo, o rexeitamento á proposta realizada e requirirlle a inmediata convocatoria do concurso segundo os acordos que no seu día se alcanzaran, dándolle un prazo de 15 días para que se realice a convocatoria.
 
Pola nosa banda entendemos que, para clarificar a situación e para dar resposta ás dúbidas que o colectivo poida ter ao respecto da situación pola que atravesan as relacións entre a Xunta de Persoal e a Xerencia-reitor e polas circunstancias concretas tanto do concurso de méritos como doutros temas de interese, compre a convocatoria de asembleas. Polo tanto, a APA convocará asembleas en Ferrol e Coruña na semana do 13 ao 17 das que vos informaremos nestes próximos días.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript