Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 347 - 06/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

Os grandes banqueiros españois gañaron 140 veces o salario medio en 2016

Os presidentes dos seis maiores bancos españois (Santander, BBVA, Caixabank, Bankia, Sabadell e Popular) gañaron un total de 22,2 millóns de euros durante 2016, segundo os informes de goberno corporativo en poder da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

 

  • Noticias relacionadas

 

A retribución media per cápita alcanzou os 3,7 millóns, equivalentes a máis de 140 veces o salario medio español, que ascendía a 26.259 euros en 2015, último ano completo do que existen estatísticas oficiais.
 
A mellor pagada en 2016 foi, unha vez máis, a presidenta do Santander, Ana Botín, que se embolsou 9,9 millóns de euros: 7,4 en efectivo e accións do banco e 2,5 como achega ao seu fondo de pensións.
 
Seguíronlle, a notable distancia, Francisco González, máximo responsable do BBVA, que percibiu 4,9 millóns, e Josep Oliu, do Sabadell, con algo máis de catro.
 
O presidente que menos diñeiro gañou foi o de Bankia, entidade maioritariamente controlada polo Estado e que aínda ten pendente de devolución boa parte das axudas públicas concedidas para evitar a súa quebra. José Ignacio Goirigolzarri percibiu unha retribución en metálico de 625.000 euros e accións por valor doutros 125.000 euros.
 
O consello de Bankia foi o que tivo en 2016 un custo máis baixo, como vén sendo habitual desde a súa nacionalización fai case cinco anos: tres millóns de euros, moi lonxe dos 30,5 do Santander. Catro membros do principal órgano de administración da entidade presidida por Ana Botín, dous do BBVA e outros dous do Sabadell gañan individualmente máis que todos os conselleiros de Bankia xuntos.
 
En total, os seis principais bancos españois gastáronse o ano pasado 93,8 millóns de euros en retribuír aos seus administradores, cun descenso do 10% respecto de 2015, imputable a unha menor dotación a fondos de pensións.
 
O diñeiro recibido polos seus presidentes mantívose practicamente estable entre ámbolos exercicios.
 
Vicente Clavero | Público

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript