NÚMERO 347 - 06/03/2017
CUTUDC / Novidades
O Comité pola Absolución de Antia, Mario e Atanes valora como "inxusta" esta condena, e sinala que "non ten máis fin que amedrentar a todas aquelas persoas que saen á rúa e se mobilizan polos seus dereitos".
Tres meses de cárcere
por desordes públicas é a condena
imposta a dous dos estudantes que levaron a cabo
unha protesta na aula contra Domingo Neira, o
profesor da Universidade de Santiago de Compostela
que foi suspendido temporalmente en 2013 polos seus
comentarios homófobos en clase, pero que ao que logo
se lle permitiu reincorporarse. Un terceiro mozo que
foi xulgado polos mesmos feitos foi absolto.
Foron os propios estudantes os que, a través de
FB, informaron da súa setenza. "Condénannos a 3
meses de prisión por defender un ensino público,
en galego e non patriarcal", sinalan. Despois de
case cinco meses de espera acaban de recibir a
sentenza, aínda que anuncian que será recorrida.
Os tres estudantes xulgados critican a decisión e
suliñan que se manifestaron "en defensa dun ensino
público, galego e non patriarcal" e que iso "é, para
eles, motivo suficiente para condenar a prisión a
dúas estudantes". "Que pretender impedir que señores
como Domingo Neira gocen da posición de poder que
lles outorga unha Cátedra universitaria conseguida
no franquismo, levando a loita polos nosos dereitos
sexuais plenos alén dunha simple reivindicación
estética ou propagandistica é ilegal", apuntan.
Críticas
Tamén desde o Comité pola Absolución de Antia,
Mario e Atanes --os tres estudantes xulgados--
valora como "inxusta" esta condena, e sinala que
"non ten máis fin que de forma exemplificante
amedrentar a todas aquelas persoas que saen á rúa e
se mobilizan polos seus dereitos". "De que clase de
xustiza nos pretenden falar cando vemos día a día
que unha protesta, un tweet ou unha canción
reivindicativa che pode facer acabar en prisión
mentres que os corruptos e bandidos reais son
absoltos nos tribunais?", queixase.
A orixe dos feitos remóntase a 2013. Entón, e en
resposta á pregunta dunha alumna da Facultade de
Ciencias da Educación, Domingo Neira relacionou
pederastia e homosexualidade, da que afirmou que
era "unha alteración conxénita ou vicio". O mesmo
profesor ratificou logo as súas opinións aos medios
e mesmo dixo que deberían estar prohibidas as
parellas do mesmo sexo, porque
a homosexualidade é "contaxiosa" e esas parellas
"pasaríanlle o mal ao seu fillo".
Por estas declaracións, Neira foi suspendido de
emprego durante o curso 2013-2014, pero este volveu
ás aulas o curso seguinte. Por iso, un grupo de
estudantes levaron a cabo en maio de 2015 un
escrache ao final dunha das súas clases, o que
desembocou, tras a denuncia da Universidade de
Santiago, no procesamento de tres deles.
Esta é a mensaxe difundida a través do FB:
"Condénannos a 3 meses de prisión por defender un
ensino público, en galego e non patriarcal-
Despois de case cinco meses de larga espera
acabamos de recibir a sentenza do xuizo no que fumos
procesadas Antia, Atanes e Mario por facer un
scrache ao profesor homófobo Domingo Neira.
Esta sentenza condénanos a Antia e Mario a 3
meses de prisión por desordes públicos, e absolve a
Atanes.
Deste xeito, a "xustiza" española volve a
lembrarnos que unha manifestación en defensa dun
ensino público, galego e non patriarcal é, para
eles, motivo suficiente para condenar a prisión a
dúas estudantes. Que pretender impedir que señores
como Domingo Neira gocen da posición de poder que
lles outorga unha Cátedra universitaria conseguida
no franquismo, levando a loita polos nosos dereitos
sexuais plenos alén dunha simple reivindicación
estética ou propagandistica é ilegal.
Así, desde o Comité pola Absolución de Antia,
Mario e Atanes valoramos como inxusta esta condena,
e sinalamos que non ten máis fin que de forma
exemplificante amedrentar a todas aquelas persoas
que saen á rúa e se mobilizan polos seus dereitos.
De que clase de xustiza nos pretenden falar cando
vemos día a día que unha protesta, un tweet ou unha
canción reivindicativa che pode facer acabar en
prisión mentres que os corruptos e bandidos "reais"
son absoltos nos tribunais?
Queren amordazarnos, meternos o medo no corpo a
base de golpes, multas e condenas, pero non o van
conseguir, seguiremos protestando e loitando polos
dereitos que nos pertencen.
Deste xeito anunciamos que tanto Antia como Mario
recurriremos a sentenza e continuaremos batallando
no xulgado e nas rúas pola nosa absolución.
Non nos calarán!
Antia e Mario absolución!
Antia B.
Mario S.
M. Atanes"
Galicia Confidencial
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript