NÚMERO 347 - 06/03/2017
CUTUDC / Novidades
Hai uns meses o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminou que era ilegal prestar servizos de atención ao cliente a través de números de tarificación adicional. Os servizos de tarificación adicional son aqueles que supoñen o pago por parte dos usuarios dunha retribución engadida ao prezo habitual do servizo telefónico.
O código 902 está atribuído ás chamadas de pago para
o que chama. O custo das chamadas ao 902 págao por
completo quen chama.
Ao ofrecerse como única vía para as reclamacións un
número 902 dáse unha circunstancia especialmente
sanguenta, xa que o valor do produto é, ás veces,
inferior ao custe das chamadas. Por unha banda a
empresa aforra queixas e devolucións porque os
usuarios abstéñense de chamar. Aínda que se
queixan ao persoal da UDC, case nunca acaba
nunha queixa formal polo que quen queda mal é a
imaxe da propia universidade. Por outra banda,
se o usuario finalmente reclama, a empresa recupera
una parte grazas ao servizo de tarificación
adicional.
A deriva da universidade buscando rendibilizar as
concesións sen importar a calidade do servizo é
preocupante.
Polo que sabemos, o anterior concesionario non optou
á contratación porque non podía asumir unha das
modificacións feitas no
prego de prescricións técnicas, concretamente
esta:
“12. El adjudicatario deberá garantizar la
posibilidad de realizar el pago mediante la
utilización de la tarjeta monedero (chip).”
Xa pasaron uns cantos anos desde a adxudicación e,
segundo se nos sinala desde os centros, non se
atopou nin unha soa máquina que permita o pago coa
tarxeta da UDC. Dá que pensar, xa que non se trata
dun detalle que pasara desapercibido pois, por
informacións que obtivemos nalgunha conserxaría, o
anterior adxudicatario tentou, sen éxito, que a
modificación técnica fose optativa en lugar de
obrigatoria.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript