NÚMERO 347 - 06/03/2017
CUTUDC / Novidades
Militantes internacionalistas denuncian as manobras que durante estes días está a desenvolver a OTAN baixo a batuta dos EEUU en territorio vasco.
En vésperas da
presentación este sábado en Kastejón dunha nova
fronte común en demanda do desmantelamento do
Polígono de Tiro de Bardenas e cando a OTAN está
a desenvolver manobras militares na Reserva da
Biosfera dirixidas polos Estados Unidos, militantes
internacionalistas denunciaron que “o exército máis
sanguento do mundo proba as súas invasións nas nosas
terras, para logo poñelas en práctica en Iraq,
Libia, Ucraína, Siria ou calquera outro lugar que
non estea baixo control do bloque imperialista”.
“Non podemos aceptar que nos fagan cómplices das
súas guerras e as consecuencias que elas traen”,
afirman, lembrando que o 12 de marzo cumpriranse 31
anos desde que Euskal Herria dixese non á OTAN en
referendo.
“Xa é hora de plantarlle cara á OTAN e aos seus
responsables políticos, que non son outros que
Estados Unidos e a Unión Europea. E xa é hora de
acabar co polígono de tiro das Bárdenas”, reclaman
os internacionalistas, que editaron un vídeo no que
queiman senllas bandeiras de EEUU e a UE e tiran un
dos sinais que sinala os límites do Polígono.
Texto completo en:
http://ahotsa.info/edukia/askapena-chama-a-plantar-cara-a-a-otan-e-pechar-o-poligono-de-tiro-de-bardenas-1
https://youtu.be/5wygfLivH5Y
Recollido de Kaos en la red
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript