NÚMERO 347 - 06/03/2017
CUTUDC / Novidades
A auga e esencial para a vida e debe considerarse como un ben común e un dereito humano básico, polo que esixe un modelo de xestión que non se subordine a obtención de beneficio privado e que garanta a calidade do servizo, a eficacia, a solidariedade, a equidade, a transparencia, e o control democrático dos operadores dos servizos de auga e a conservación dos ecosistemas acuáticos. Este modelo só pode ser garantido plenamente a través da xestión 100% pública do ciclo integral da auga.
Nos últimos
anos os servizos da agua transformaron-se en
negocios privados, ben a través da concesión do
servizo a empresas privadas, a cambio de que estas
paguen un canon o concello, ou ben mediante a
constitución de empresas mixtas, de natureza
público-privada, que comporta sempre a asunción de
responsabilidade por por parte da entidade pública e
dos beneficios para a empresa privada como no caso
de Emafesa
En ambos casos o accionariado privado exerce a
xestión do servizo, monopolizando a información e
asegurándose a competencia exclusiva da xestión da
sociedade e en particular das subcontratacións,
contratacións e compras. Desaparecendo así os
concursos públicos e aseguran-se grandes beneficios
tanto por compravenda de bens e servizos a empresas
do seu propio grupo 8mediante adxudicación directa)
como pola utilización dos medios públicos da
concesión para traballos particulares do propio
concesionario como e o caso de Ferrol coa ignorancia
do propio concello.
En Ferrol despois da chamada crise dos
"trihalometanos" a veciñanza non pode aceptar que
quen nos estafaron e enganaron coa depuradora e co
cobro dun servizo que non se estaba prestando sexan
agora os que xestionen o servizo de depuración.
Sabemos que é imprescindíbel para a nosa ría que
empece canto antes o seu saneamento pero tamén
sabemos que non podemos hipotecar máis o futuro con
Socamex-Urbaser que foron os que nos teñen cobrado
por servizos inesistentes. Por iso reclamamos que se
remunicipaliza xa o servizo e se leve a cabo unha
xestión pública democrática e transparente.
https://youtu.be/cRcvyCTUhgI
https://youtu.be/cRcvyCTUhgI
https://youtu.be/cRcvyCTUhgI
https://youtu.be/rSntuK4KOuI
https://youtu.be/rSntuK4KOuI
O goberno municipal de Ferrol quere aprobar unha
nova taxa polo saneamento.
Por que estamos en contra desa taxa?
Porque se calcula en función dun informe de EMAFESA
onde os caudais de augas a depurar, os custes
enerxéticos (tarifa) e a enerxía que se necesita
están avultados case o dobre. EMAFESA calcula a nova
taxa sobre 6€ ao mes de media, 72€ ao ano. A
Plataforma calcula que no caso de ter que cobrar-se
unha taxa, no superaría os 36€ ano. Queremos un
proceso participativo para o cálculo desta taxa.
Estamos paralizando o saneamento da Ría se non
aceptamos esta taxa?
É totalmente FALSO. Sabemos que a depuradora, podía
e debería estar funcionando xá. Non é cuestión de
taxa. A taxa utilizase como unha chantaxe e unha
xustificación, para tapar as responsabilidades de
Augas de Galicia e satisfacer os intereses privados
de EMAFESA.
Quen se encarga da xestión da depuradora EDAR de
Prioriño?
O anterior goberno de Rey Varela, aceptou a xestión
nun convenio asinado con Augas de Galicia, que lle
encargou a posta a punto á empresa que figura como
pagadora nos papeis de Bárcenas, Espina&Delfín S.L.
Co novo goberno municipal descubriuse que a
depuradora estaba nun estado lamentable e non
depuraba, ademais EMAFESA, non tiña contratados
operarios para a planta, só tiña contratada a
vixilancia, e nin sequera tiña contratada enerxía
eléctrica e aínda así, pasouse ao cobro unha taxa
por un servizo que non funcionaba.
Que pasou con ese convenio?
Non se fixeron dilixencias no xulgado denunciando
todas estas irregularidades, pero o convenio con
Augas de Galicia caducou en xuño de 2016. Agora en
xaneiro de 2017, o alcalde de Ferrol chega a un
acordo para que EMAFESA continúe coa xestión da
depuradora, na vez de exixir que Augas de Galicia
asuma a súa responsabilidade: que se faga cargo os
dous anos previstos de posta en funcionamento e
dos custos xerados pola mala recepción da estación
depuradora e a súa reparación.
Podemos confiar en EMAFESA para facer a xestión
da depuradora e calcular o custe da taxa?
A xestión de EMAFESA, por estatutos da empresa, está
totalmente controlada pola parte privada SOCAMEX,
aínda que o concello ten o 51%. Antes pertencía a
Florentino Pérez (ACS), agora pertence ao grupo
chinés Firion Investments que mercou Urbaser.
EMAFESA foi a responsable da crise dos
trihalometanos no verán do 2015; cobrou unha taxa de
saneamento cando a depuradora non funcionaba, e
mantén unha total opacidade nas súas contas. De
feito está nunha situación que se pode considerar de
quebra técnica, e o goberno municipal pretende
rescatala con base aos orzamentos municipais. Sen
cambiar os estatutos? Sen tomar o control da súa
xestión? Mellor era que o concello recuperara a
xestión directa da auga e o saneamento, denunciando
os incumprimentos, irregularidades e ilegalidades
cometidas polos xestores de EMAFESA, porque a taxa
que se cobrou era ilegal. Foi unha estafa.
Que outros abusos e mentiras nos agardan ao redor do
sistema de saneamento?
Pois agora tamén queren que paguemos nos orzamentos
municipais o custe das obras dos interceptores e
tanques de tormenta. Unhas obras que cando se
planificaron contaban con fondos europeos e só un
10% sería asumido polos concellos de Ferrol e Narón
(Que xa non debería ser así, dado que é unha obra de
interese xeral). Ademais a Ría de Ferrol foi
Declarada Zona Sensíbel. Agora, como non se
remataron na data prevista, perdéronse unha parte
dos fondos europeos e en convenio con AcuaES, do
Ministerio de Medio Ambiente, temos que pagar un 30%
do custe da obra (Sendo só responsabilidade de
AcuaES). O estado non inviste en Ferrol nin 1 euro,
nunhas obras que se declararon de interese xeral no
1997, e que noutras partes están subvencionadas ao
100%.
Conseguirase sanear a Ría?
O sistema de saneamento que nos impuxo AcuaES e
Augas de Galicia é un sistema obsoleto que xunta
augas fecais con augas pluviais; moi caro
enerxeticamente pois ten que bombear ata Prioriño
salvando unha altura de case 50m, porque a
depuradora non se instalou no lugar mais axeitado.
Ademais os tanques de tormenta, os días nos que haxa
moito caudal (moita chuvia), van verter directamente
á ría. Este sistema habería que transformalo para
que fora eficaz, menos custoso e máis sostible.
Pódese facer cunha boa planificación e vontade
política. Mentres non sucede isto hai que aplicar
protocolos de control que eviten os verquidos
indiscriminados á ría; o exceso de consumos
enerxéticos; baixar os caudais de auga que entra no
sistema para ser saneada,...
SANEAMENTO E DEPURACIÓN XA!
QUE NON NOS MINTAN,
QUE NON NOS ENGANEN,
É FALSO QUE SE NON SE APROBA A SÚA TAXA,
QUE NON SE PODA DEPURAR.
SEGUIR VERTENDO Á RÍA SI QUE É ILEGAL!
EMAFESA 100% PÚBLICA !
SOCAMEX/URBASER,
A PARTE PRIVADA QUE XESTIONA A EMPRESA
FÓRA DE EMAFESA
EMAFESA MINTE E ESTAFA !
COBROU UNHA TAXA DE DEPURACIÓN,
MAIS NON PRESTABA O SERVIZO.
DEVOLUCIÓN DA TAXA,
COBRADA INDEBIDAMENTE XA!
ESTA TAXA NON !
SE TEN QUE HABER UNHA TAXA,
QUE SEXA EXPLICADA, PARTICIPADA E XUSTIFICADA !
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA
REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se
pode!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero.
Bernardo Rego Gárate.
Lupe Ces.
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Recollido de Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript