Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 347 - 06/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  SEGUE A VIOLACIÓN DO DEREITO Á VIVENDA
 

Máis de 111.000 familias víronse en 2016 expulsadas das súas casas

Segundo os últimos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), ao longo do ano pasado producíronse 48.410 execucións hipotecarias (cando, despois da falta de pagamento de cuotas entre tres e seis meses iníciase o proceso co que reclama o pago) e outros 63.037 lanzamentos (a expulsión forzosa dos ocupantes dun inmoble ).

     

  • Noticias relacionadas

 

Continúa o drama da perda da vivenda, xa sexa de propiedade ou de aluguer, para os sectores sociais máis desfavorecidos. A pesar da acción da PAH e da crecente oposición social contra quen impide o exercicio do dereito constitucional a unha vivenda digna, sexan estes os gobernos ou os propietarios (banqueiros e fondos voitres no seu maior parte), máis de 111.000 familias víronse en 2016 expulsadas das súas casas, posto que se produciron 48.400 execucións e 63.000 lanzamentos. A metade dos lanzamentos, un 54%, foi consecuencia de falta de pagamentos de alugueres; outros 42% produciuse tras unha execución hipotecaria, e o resto, por outras causas.
 
Aínda que respecto ao 2016 houbese unha pequena redución, o drama dos desafiuzamentos continúa, no medio dun contexto de aparente recuperación económica. Segundo os últimos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), ao longo do ano pasado producíronse 48.410 execucións hipotecarias (cando, despois da falta de pagamento de cuotas entre tres e seis meses iníciase o proceso co que reclama o pago) e outros 63.037 lanzamentos (a expulsión forzosa dos ocupantes dun inmoble ).
 
A Rioxa e o País Vasco son as únicas comunidades autónomas nas que non se rexistrou unha baixada das execucións hipotecarias en 2016, con aumentos do 9% e do 5,6%, respectivamente. Os descensos foron especialmente significativos na Comunidade Valenciana (39,6%), en Galicia (39,2%) e Navarra (38,8%) e superiores ao 30% en Andalucía, Illas Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León e Madrid.
 
A estatística sobre os efectos da crise nos órganos xudiciais mostra que de máis da metade dos lanzamentos, un 54,2 % equivalente a 34.193, foron consecuencia de procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU), mentres que outros 26.397 (un 41,9%) producíronse tras unha execución hipotecaria, e os 2.447 restantes, por outras causas.
 
Os lanzamentos por falta de pagamento de alugueres reducíronse durante o pasado exercicio un 4,2%, mentres que os derivados de execucións hipotecarias baixaron un 9,7%.
 
Os lanzamentos afectan a distintos tipos de inmobles, non só vivendas e, no caso destas, non só a vivenda habitual.
 
Por comunidades autónomas, Catalunya (con 14.069, o 22,3 % do total estatal)- foi onde se practicaron o ano pasado máis lanzamentos; seguida por Andalucía, con 9.998; e Valencia, con 9.635.
 
Se se teñen en conta só aqueles provocados pola lei de arrendamentos urbanos, tamén Catalunya encabeza a clasificación, con 8.971; seguida por Madrid, con 4.760; e Andalucía, con 4.364.
 
Dos derivados de execucións hipotecarias, en Valencia rexistráronse 5.398; en Andalucía, 5.193; e en Catalunya, 4.452.

Fonte: Axencias
 
Recollido de Kaos en la Red
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript